16 feb 2017

MATELINA

  Adiviña, adiviña…
É un aparello magnífico e impactante, a pesar do simple que parece. Quen ía imaxinar hai non tantos anos que unha caixa cun pouco de auga e xabón fose capaz de facer desaparecer milleiros de manchas en tan só uns minutos?
Soamente un par de voltas son necesarias para eliminar marcas, olores e recordos das prendas que cada día introducimos; coma se se tratase dun truco de maxia dos que coñecemos. Si, nestes que aparecen e desaparecen coellos do sombreiro sen saber o porqué. Pois desa maneira actúa este ser inerte, máquina insensible e eficaz á que non lle importa nin a forma, nin o tecido, nin  a cor, nin o  valor sentimental. Para ela non existen os remorsos, todas son iguais e merecen un  mesmo trato,  simplemente cordial. Iso si, máis ruidosa ca ela non a hai, ese murmurio insoportable  que fai ao  traballar coma se fose estoupar, mais non é así, pois aí segue, intacta, coma se nada  pasase.  Ás veces  penso que é feliz, que lle agrada o seu labor, que goza con estas accións  inhumanas e que o  rumor  producido é un baixo canto de alegría; pero mentres me quede algo de  cordura intentarei  pensar que  non existen individuos dotados de tal maldade.
 E vós, que opinades?😅

 Cristina Díaz González 3º A