26 mar 2015

ELO


Esta palabra saíu nun exercicio da clase no que tiñamos que poñer o nome que formaban os distintos debuxos. 



Elo: cada un dos aros que forman unha cadea.



Nuria González Iglesias 3ºC






UNHA ESTRELA NO VENTO



Que dicirvos deste libro? A min encantoume e volveríao ler sen problema, xa sexa polo drama, a realidade ou o amor; ou polas pelexas, a rivalidade e o sufrimento;  nel podedes atopar temas así de  diferentes, atractivos para todo tipo de persoas.


Miguel Foz é un rapaz vigués de 17 anos, que tras unha malleira planifica, xunto aos seus amigos, unha pelexa para vingarse da banda do Bruto. Ao mesmo tempo o seu curmán Abel vaise vivir con el, os pais do protagonista sepáranse e o rapaz coñece a Reina, unha moza da que se namorará. 
Todo isto fai que cambie a forma de velo todo, ata que o día do enfrontamento sucede algo inesperado que marcará un antes e un despois na súa vida. 
Se estades interesados nesta historia e tedes curiosidade por saber como remata  premede aquí e veredes o traballo completo que vos dará algunhas pistas:traballo

Nuria González Iglesias 3ªC

23 mar 2015

"O rap é unha forma de vida"

Hai algo mellor que que se repita un obradoiro co que perder clase? Pois si. Que se repita un obradoiro ENTRETIDO e PRODUCTIVO co que perder clase e á vez APRENDER COUSAS INTERESANTES. Pero o mellor atopámolo no contido. Unha vez máis, levado a cabo por García MC (rapeiro de Dios Ke Te Crew), disfrutamos dunha boa mañá na súa compaña.

Saímos de alí entendendo que o rap non é un sinxelo estilo de música. Que por levar unha gorra e uns "pantacas" non es rapeiro (aínda que a estética tamén conte). Que as letras que se escriben non saen así como así. Todo ten o seu significado. O rap é unha forma de vida. É a forma de vida de máis persoas das que cremos.

Nas letras pódense camuflar infinidade de críticas, de sentimentos dende a carraxe ata o amor. Todo iso foi o que nos explicou, ademáis de moitos outros conceptos relacionados como hip-hop, scratch, beatbox, breackdance ou graffiti.

Aquí vos deixo unha ligazón que nos recomendou, na que poderedes ver verdadeiro arte na rúa: Desordes Creativas

Encantoume o anaco que nos amosou de "Beat Street", unha película dos 80 da que vimos unha batalla de breackdance. Botádelle un ollo a esa parte: Beat Street Breackdance Battle

Para os curiosos e curiosas, aquí tedes outras cousas tratadas no obradoiro:
- Scratch (The Film)
- Looking for the perfect beat (unha melodía de electro/hip hop de Afrika Bambaataa & the Soulsonic Force. Estaría ben que mirarades a ligazón de Bambaataa)
KRS-One (Rapeiro afroamericano de orixe Xamaicana)

Por último, fixemos raps en grupos coa temática que nos dese a gaña. O noso baseouse nunha sutil crítica do instituto e dos profes, que seguramente se publique na revista do centro.

Para finalizar este artigo, o alumnado de 4º de ESO dámoslle as grazas a García por vir e aos profesores que conseguiron organizalo todo.

Ata a próxima!!!


                                                                                       Marta E. López Rodríguez

9 mar 2015

REO

Este libro conta a historia dun rapaz afeccionado ao graffiti, o seu alcume, Reo, non sabemos nada máis...
Reo está nunha crew chamada A-100, que vai celebrar un concerto cun final inesperado. Pero isto non é o único que ocorre ao longo da historia, Reo axuda a unha compañeira de clase, chamada Cora, a que non volva ao Brasil co seu pai, e marchan a Madrid para intentar que ela quede a vivir cunha prima súa.
Nesta obra aparece por un lado o graffiti como un modo de expresión e crítica ante a sociedade e por outro o graffiti como vandalismo, "o pasatempos duns desvergoñados". 
É un libro que me pareceu moi interesante porque está ambientado nunha época actual e pola historia persoal do protagonista que  ao ser un rapaz novo ben podía ser calquera do noso instituo.
Recomendaríallo á xente que estea interesado en temas relacionados co graffiti.

Para ver o meu traballo completo preme aquí

Roque Mayo Esperante 3º C