30 ene 2014

Día da Paz



 Deixamos aquí este caligrama do poema de Celso Emilio Ferreiro: "Digo Vietnam e basta" para conmemorar o Día da Paz.

 Se queredes ver a imaxe nun formato maior para ler o poema premede na seguinte ligazón.



paz.png

                                                                                     Xoán Domínguez San José (2º R)

14 ene 2014

DESEXOS

Aquí vos deixo un poema que fixen hai xa un tempo. Espero que vos guste e que todos os vosos desexos se fagan realidade!. Mar Álvarez Rama.3ºA DESEXOS on PhotoPeach

12 ene 2014

A ponte

Despois do éxito do vídeo do porquiño (un clásico xa), velaí tedes outro que seguro que vos prestará tamén...
Grazas a Ana por buscárnolo!!!


Caricatura de Miley Cyrus

É unha muller moi coñecida no mundo da música pop. Vive en Estados Unidos, Tenessee. Ten ao redor de 25 anos, aínda que aparenta tres.

A súa pel é branca pasando a cor crema, e semella que é un estraño caso dun xeado ao que lle saíron pernas e brazos. Non é moi alta, de feito, se se agacha un pouco, podería caber pola porta de Imaginarium dos pequenos. Ten o pelo moi curto e loiro; de bote, por suposto. O seu peinado é moi extravagante, e fai pensar que llo fixo unha vaca dunha lambetada. Os ollos son grandes e marróns, coma os dos personaxes de mangas, soamente que con tres botes de rimmel máis. Ten os dentes tan grandes que parece que llos prestou un cabalo.

No caso de como é psiquicamente, eu diría que cabezota e un pouco engreída. Ten o cerebro tan pequeno que se podería plantar no chan para que medrase unha planta de chícharos. É tan egocéntrica que xira ao redor de si mesma, literalmente. Algunhas veces resulta algo graciosa. Repito: algunhas veces. A súa mente só lle serve para subirse ás cousas, algo así como bolas de demolición. Haberá que mellorar a vixilancia na Catedral de Santiago, non vaia ser que lle dea por subir ao Botafumeiro.


Estrella Rivas Camino 3ºB