31 may 2013

Entrevista a Marga Romero

Esta é a entrevista que lle fixo Ramón Daniel Regueiro de 2ºS, alá polo mes de febreiro, á escritora Marga Romero. Despois dalgúns "problemas técnicos" por  fin podemos publicala. Bo traballo, Ramón! E moitas grazas Marga pola túa colaboración a as túas palabras.









21 may 2013

Obradoiro de Hip-Hop


Esta mañá
pasámolo xenial,
con Serxio García
unha mañá moi divertida.

Hoxe o alumnado de 2º de ESO tivemos unha mañá un tanto diferente. Veu Serxio García, un rapeiro do grupo Dios Ke Te Crew. Explicounos ben o que eran Rap, Graffiti e Break Dance e as diferenzas que hai entre estes. Foi moi interesante e divertido xa que logo fixemos grupos de cinco para facer raps sobre o que nós quixésemos. Púxonos unha base de música para "inspirármonos". Logo, ao rematar, algúns de nós fomos pedirlle uns autógrafos e houbo un peculiar que lle escribiu a Estrella. Este ao final dicía:
"Na fronte unha estrela,
no bico un cantar".
Agora a profe mandounos buscar de quen é ese fragmento de poema, como segue e a quen está dedicado. Se o facemos ben poderemos adicar unha clase a dedicar poemas aos demais compañeiros.

Marta Eugenia López Rodríguez (con algunha axuda dos compañeiros)
2ºESO S

11 may 2013

Roberto Vidal Bolaño

Un traballo co percorrido que fai Xoaquín Freixeiro pola vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas:

1 may 2013

Primeiros poemas de segundo

Unha proposición con preposicións.

Querido Shin Chan:

Sabes que es moi especial para min. Hai xa nove anos que nos coñecemos. Acórdome, cando os dous tiñamos a mesma idade dos cinco anos, que me erguía cedo todas as mañás para verte no ''Xabarín Club''. Dende aquela ata hai pouco non nos separamos. Por iso che digo isto:

Porque es o rapaz máis divertido do mundo.
Porque sempre estiveches aí.
Porque para min e para todas as persoas es o mellor.
Porque es o único actor xaponés co nome en galego.

Por todo isto e moito máis gustaríame que viñeses aquí e estiveses sempre comigo, para xogar a que somos superheroes ou para ir comer polbo en vez de sushi. Porque sei que che encantará todo o que atoparás aquí.

Quedo impaciente agardando a túa resposta.

Bicos, Mar.

                                                                                                       Mar Álvarez Rama, 2ºR