24 ene 2013

GALEGO

Galego

O ''Gue'' é de galego.
O ''Gue'' é de Galiza.
O ''Gue'' é de gozar
ao falar esta lingua.

Por que ninguén a fala?
Por que ninguén a le?
Por que ninguén a canta
nin a escribe nun papel?

Pobre esta lingua miña
que tan soíña estás
se aínda alguén te falase
non chorarías máis.

Eu non quero que cambies,
xa es perfecta así.
Se os demáis non o ven,
que intenten vivir sen ti.

                                                                 Mar Álvarez Rama, 2ºR

9 ene 2013

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

 Este é un libro que conta 96 preguntas e as súas respostas. Ao mesmo tempo que o meu compañeiro, escollín este libro porque ten unhas preguntas moi interesantes, como por exemplo: "Quen inventou os vaqueiros?" ou "Moitos rañaceos non teñen piso 13. Por que?". Pois a resposta á segunda cuestión explica que o asunto provén dunha superstición relativa á Derradeira Cea.
Recoméndoo aos que se sintan atraídos por averiguar as respostas a certos feitos que se nos  presentan no noso día a día e aos que lles interese ampliar os seus coñecementos sobre determinadas tradicións e culturas.

De entre todas as respostas, coas que máis aprendín e as que máis me gustaron foron: Cortar a ensalada co coitelo é de mala educación porque en épocas antigas a maior parte das vaixelas eran de prata; os croissants inventáronse en Saint Croix; as espinacas non teñen tanto ferro como se pensa, senón que foi unha equivocación. Como antes non había papel hixiénico, limpámbanse co que houbera ( follas, pedras, pauciños de madeira, etc.)

Gabriel Barreiro, 1ºR