25 nov 2012

EMPANADILLAS

Ingredientes:
        
          -obleas de masa
          -queixo
          -xamón cocido 
          -touciño entrefebrado
          -allo porro 
          -ovo

Paso a paso:

           -Por unha banda, cortamos o xamón cocido en anacos e relamos o queixo. Mesturamos ámbolos ingredientes.
          -Pola outra, cortamos en anacos o allo porro e o touciño entrefebrado e fritimos nunha tixola cun pouco de aceite.
          -Para montar as empanadillas:  collemos unha oblea de masa e poñemos no medio unha cullerada de recheo (ou mestura do xamón cocido co queixo, ou touciño entrefebrado co allo porro). Dobramos a masa por riba do recheo ata que quede ben pechado. Pisamos cun garfo para unir a parte de arriba da masa coa de abaixo e pinchamos un pouco a parte superior da empanadilla para que non estoupe.

          -As empanadillas podemos fritilas ou facelas no forno:

            *Se as facemos no forno, batemos un ovo cun pouco de auga e pintámolas  por riba antes de metelas nel, xa quente a 200º entre 15 ou 20 minutos (comprobamos de cando en vez para que non se nos queimen); sacamos, deixamos arrefriar, e listo!

            *Se as fritimos, poñemos aceite nunha tixola, botamos as empanadillas e sacámolas a un papel de cociña para secar o exceso de aceite. Deixamos arrefriar, e listo! 

Adela Cebeiro, 2ºESO R

   

É hora de mudar o guión


Hoxe celébrase o Día internacional contra a violencia machista.

Aquí vos queda un interesante vídeo producido por Lilith acción social e educativa coa participación do alumnado de: CPI Alfonso VII, IES Aquis Celenis e Colexio San Fermín




Por certo, alguén sabe porque se escolleu o 25 de novembro para conmemorar esta data?

24 nov 2012

Como se fai unha ra de papel.


Cóllese un folio. Ponse horizontalmente e a esquina esquerda lévase cara a abaixo de forma que o lado do folio quede enriba do outro lado inferior. A continuación córtase o sobrante para conseguir un cadrado. Unha vez se teña esta figura xeométrica, prégase pola metade e recórtase para ter un rectángulo alto. Con este rectángulo, o que facemos é volvelo dobrar pola metade pero esta vez non se recorta, simplemente se fai unha marca. Así temos dúas metades, dous cadrados no rectángulo. Agora, só na metade de arriba collemos a esquina superior dereita e levámola ata o lado esquerdo, máis ou menos polo medio, para facer outra marca. Despois faise o mesmo coa outra esquina. Unha vez feito isto, pódese ver no cadrado superior que as marcas forman unha cruz. Agora vén o máis complicado: cóllense ambos os lados da metade de arriba e lévanse cara á marca que separa un cadrado doutro e dóbrase a parte de arriba. Se isto se fai ben ten que quedar como resultado un triángulo. De seguido a esquina dereita deste triángulo lévase cara arriba para facer unha das patas da ra. E o mesmo para facer a outra. Despois repítese a operación co outro cadrado. Cando isto estea feito parecerá un rombo. O que hai que facer agora é coller as esquinas que hai aos lados e dobralos cara arriba para darlle forma ao corpo da nosa ra. Agora, se lle damos a volta, ten que quedar unha parte máis larga e outra máis estreita; o que imos facer é coller a parte larga para que a ra salte. Faise da seguinte maneira: dóbrase o futuro animal pola metade, pola marca que separaban os cadrados anteriores. Despois cómpre simplemente ir dobrando a parte larga en acordeón, pero iso si, as patas teñen que quedar para fóra. O resultado é unha ra amorfa que poucas veces se consegue que salte ben.

 










 Mar Álvarez Rama, 2ºR

23 nov 2012

Alcume



Esta palabra saía na historia de "Toño de loureiro e Lelo", cando rematamos de ler e fixemos o vocabulario apunteina porque me chamara moito a atención. Alcume significa ter un sobrenome,  por exemplo o Rata. Agora nunca me esquece!
SARA-1ºR