20 feb 2012

Kafka e a boneca viaxeira.

Título: Kafka e a boneca viaxeira.
Autor: Jordi Sierra I Fabra.
Tradutora: Carmen Torres París.
Ilustracións: Minia Regos.

     Franz Kafka é un escritor. Unha mañá, paseando polo parque, encontra unha nena sentada nun banco, soa e chorando. Pregúntalle o seu nome e que lle pasa. Ela responde que se chama Elsi e que perdeu a súa boneca de trapo chamada Bríxida. Franz compadécese dela e comeza toda unha historia. E como? Pois escribíndolle unha carta á nena facéndose pasar pola boneca.

     Ao día seguinte, queda con Elsi pola mañá, e dille que é un carteiro de bonecas. Dito isto, entrégalle a carta. Nela poñía que era Bríxida a que lle escribía dicindo que sentía moito ter marchado do seu lado sen máis. Contáballe que estaba viaxando polo mundo en busca de aventuras novas. A nena quedou abraiada. Con tal de que Elsi estivese contenta Franz faría o que fose posto que ela era para el como a filla que nunca tivo. O que el non sabía era que estaba empezando toda unha historia que tería que seguir inventando para que a nena non parase de crer nel.

     Neste libro o que máis me gustou en especial foi o que fixo Franz por Elsi. O que menos é unha cousa que sucede no final e que non podo contar polo que revelaría o libro. A amizade que hai de Franz a Elsi é moi bonita. Un adulto que non coñece de nada a unha nena e que fai o que sexa para que estea contenta. Creo que o que intenta transmitir este libro é que hai persoas con moi bo corazón e que sempre van estar ahí para axudarte.

Marta López Rodríguez 1ºESO R

No hay comentarios:

Publicar un comentario