28 feb 2012

ENTROIDO DA ULLA

                                        

O entroido é unha das celebracións máis importantes da Estrada. Os carnavais da Ulla contan cunha tradición de hai séculos. Cada ano os veciños, homes e mulleres enfróntanse falando, facendo unha batalla dialética.Todos van vestidos con uniformes parecidos aos traxes militares, pero con moita variedade de cores, sempre van en cabalos.
Hai dous bandos, un atacante e outro defensor, que conta con xenerais e unhas persoas que son os encargados de iniciar a batalla. O exército atacante pide entrar nos territorios de centinela ao que responde o exército dos defensores, formándose así un enfrontamento.
Os productos típicos que se comen son o lacón, o chourizo, as orellas... e moitos máis.Tamén hai carrozas, comparsas, coros de persoas maiores, baile e concursos.
Dura varios días, acaba o martes de carnaval.     

  Uxía Moreira Campos 1ºS

O entroido da Ulla

Na comarca da Ulla o entroido ten unha longa tradición.

Son moi típicos os encontros entre Xenerais que veñen dende a épocoa napoleónica. Estes encontros consisten en enfrontamentos verbais entre xenerais e correos que discuten sobre temas da actualidade xa sexan de política, economía, sociedade... O seu vestiario é moi colorido e rico, utilizan teas luxosas como o terciopelo. Na cabeza os xenerais levan uns preciosos sombreiros chamados gorretas adornados con plumas. As chaquetas levan ricos adornos con galóns, medallas... E o máis importante, estes xenerais van a cabalo percorrendo todas as aldeas e botando as vivas a tódolos veciños e forasteiros que veñen ás festas. En compensación os vitoreados aportan un donativo para facer as festas patronais.

Esta tradición do entroido arranca hai moito tempo e perdurou incluso nos tempos da ditadura franquista.

Marta Torres 1ºR.

25 feb 2012

O Entroido en Bulgaria


Vouvos falar do entroido da cidade na que nacín que é Gabrovo. Esta cidade coñécese como a cidade do humor porque antigamente cando a xente viña doutros lugares gastábanlle moitas bromas, algunas moi pesadas e outras moi divertidas.

Cando empeza o desfile, sempre a primeira cousa que vai é un gato negro coa cola cortada.

É moi divertido porque a xente disfrázase da maneira que lle gusta, pero o máis típico deste entroido son os chamados Kukeri. Os Kukeri son persoas disfrazadas con roupa feita de pel de animais e grandes máscaras que parecen cabezas de animais, támen levan grandes campás ao redor da cintura, así que cando bailan fan moito ruído pola rúa e dese xeito fan espantar os malos espíritos.


Dimitar 1 R

24 feb 2012

Tonecho de Rebordechao

Este libro trata dun rapaz chamado Tonecho que pasou de vivir na cidade á aldea cos seus avós, alí ten un amigo, o Kevin, e aos dous lles gusta a mesma rapaza que é a sua profesora chamada Sabela.

Un día o seu avó cóntalle a historia do home do unto que vivía en Rebordechao e mataba a mulleres e nenos e quitáballes o unto.

Cando foron as votacións, en Rebordechao na mesa estaba a súa a avoa e tamén a muller do Portugués, ali estiveron esperando ata moi tarde por un veciño.

Tonecho vira un lobo e desmaiouse, cando espertou estaba no hospital e díxollo ao seu avo, e el mais o Portugués foron ao monte para matalo, pero Tonecho viu que era unha loba que acababa de parir tres lobiños e díxolles que non a mataran.

O que máis me gustou foi cando foron as eleccións, e o que menos me gustou é que cando describe a alguén usa un un capítulo enteiro, e podía describir todos os personaxes que van saindo na historia xunto co que relata.

Aínda así este libro é moi divertido recoméndovos que o leades.


Bran Diéguez Rodríguez 1ºS

23 feb 2012

O entroido de Ribadeo

Estes son os cocos de Ribadeo, o coco
e a coca
O entroido de Ribadeo é unha festa popular. Aínda que o gran día é o martes, os demais días xa hai persoas disfrazadas con todo tipo de disfraces, e as charangas están por todas partes, coas súas cancións ruidosas e divertidas.

As carrozas acostuman ser as máis divertidas, xa que ás veces montan cada unha...!

As festas non rematan ata a queima do entroido, que se celebra o sábado posterior ás festas, ese día prescíndese das cores, deixando un montón de viúvas chorando.

En Ribadeo, o final do entroido vén marcado por un enorme boneco, chamado señor Antroido, ao cal se lle prende lume mentres as charangas e comparsas gañadoras tocan as súas cancións.

As comidas tradicionas de Ribadeo son grelos con cachelos, cachola, butelo, lacón, chourizos e outros. Para a sobremesa son comúns as rosquillas, os freixolos e as orellas.

Algo recente é a inclusión do entroido ribadense no Libro Ginness dos Récords pola queima do maior boneco  das festas.

Xunto co señor Antroido tamén se pasean os cocos (o Coco e a Coca), imaxes típicas de Ribadeo, e os cabezudos, que teñen que ver cos personaxes de contos típicos. 


Noelia Iglesias Freije 1ºR         

20 feb 2012

Kafka e a boneca viaxeira.

Título: Kafka e a boneca viaxeira.
Autor: Jordi Sierra I Fabra.
Tradutora: Carmen Torres París.
Ilustracións: Minia Regos.

     Franz Kafka é un escritor. Unha mañá, paseando polo parque, encontra unha nena sentada nun banco, soa e chorando. Pregúntalle o seu nome e que lle pasa. Ela responde que se chama Elsi e que perdeu a súa boneca de trapo chamada Bríxida. Franz compadécese dela e comeza toda unha historia. E como? Pois escribíndolle unha carta á nena facéndose pasar pola boneca.

     Ao día seguinte, queda con Elsi pola mañá, e dille que é un carteiro de bonecas. Dito isto, entrégalle a carta. Nela poñía que era Bríxida a que lle escribía dicindo que sentía moito ter marchado do seu lado sen máis. Contáballe que estaba viaxando polo mundo en busca de aventuras novas. A nena quedou abraiada. Con tal de que Elsi estivese contenta Franz faría o que fose posto que ela era para el como a filla que nunca tivo. O que el non sabía era que estaba empezando toda unha historia que tería que seguir inventando para que a nena non parase de crer nel.

     Neste libro o que máis me gustou en especial foi o que fixo Franz por Elsi. O que menos é unha cousa que sucede no final e que non podo contar polo que revelaría o libro. A amizade que hai de Franz a Elsi é moi bonita. Un adulto que non coñece de nada a unha nena e que fai o que sexa para que estea contenta. Creo que o que intenta transmitir este libro é que hai persoas con moi bo corazón e que sempre van estar ahí para axudarte.

Marta López Rodríguez 1ºESO R

Receitas de Entroido

FILLOAS, ORELLAS E LEITE FRITO


As filloas, as orellas e o leite frito son receitas típicas galegas, sobre todo no entroido, e como xa estamos nestas datas imos preparalas.

Filloas.

INGREDIENTES:

- 2 ovos.
- Fariña(1/2 kg aproximadamente).
- 1 pedazo de touciño.
- 1litro de auga.
- Sal.

PREPARACIÓN:

1- O primeiro de todo é bater ben os dous ovos co sal.
2- Unha vez todo ben batido, botamos o litro de auga. Podemos bater un pouco a mestura pero non moito.
3- Agora iremos engadindo pouco a pouco a fariña a medida que remexemos para que se mesture todo ben e sen grumos.

Truco:
Como saber cal é o punto de preparado?
É o punto no que non estea demasiado densa nin demasiado augada a mestura. Aínda así é mellor pasarse coa fariña que quedarse curto. Se o resultado non é bo sempre se lle pode engadir un pouco máis de auga.

4- Chegados a este punto, xa non engadimos máis fariña e seguimos removendo ben e con paciencia ata que non quede ningún grumo de fariña. Recoméndase non deixar de remover.

UTENSILIOS:
- Tixola grande.
- O pedazo de touciño.
- Un garfo.

A COCIÑAR!!!

1- Pinchamos o touciño cun garfo e engrasamos a tixola. Tamén se pode facer con manteiga ou cun pano enchoupado en aceite de xirasol. É mellor facelo co touciño posto que as filloas saen máis boas.
2- Quentamos ben a tixola antes de nada. Ten que estar moi quente para que cando vertamos o almofado quede callado e se faga nun momento.
3- Vertemos o preparado cun cullerón sobre a tixola ao mesmo tempo que levantamos e inclinamos con coidado esta para que o almofado a encha toda. Recoméndase non botar demasiado porque se non saerán tortitas. Ten que ser a cantidade xusta para que cubra todo o fondo da tixola.
4- Como saber cando darlle a volta á filloa? Pois cando os bordes comecen a dobrarse cara arriba. Cando estea lista é mellor probala para saber que lle falta.

Orellas(doces).

INGREDIENTES:
- 200 ml de auga morna.
- 50 gr de azucre.
- 100 gr de manteiga.
- 50 ml de anís.
- 1 ovo.
- 500 gr de fariña.

PREPARACIÓN:

1- Nun bol, poñemos a auga, o sal, o azucre, o anís e a metade da manteiga derretida. Mesturamos ben, engadimos o ovo e batemos ben batido.
2- Engadimos a fariña e amasamos toda a mestura. Imos incorporando a outra metade da manteiga en anaquiños e continuamos amasando todo ata que a manteiga esrea completamente integrada e nos quede unha masa elástica.
- Deixar repousar aproximadamente 1 h.
3- Imos collendo porcións de masa do tamaño dunha noz, e coa mans embadurnadas de aceite(ó igual que o rolo e a mesa) imos extendendo a masa co rolete, deixándoa o máis fina posible e dándolle forma de orella(ou en triángulos).
4- Fritimos nunha tixola con abundante aceite a lume medio e dándolles a volta, cando vexamos que están douradiñas.
5- Poñemos sobre un plato con papel absorbente, para que solten todo o aceite sobrante, e colocámolas nnunha fonte na que as espolvoreamos ben co azucre.

Leite frito.
- 4Persoas.
- Tempo de elaboración: aproximadamente 1 h e 10 min.

INGREDIENTES:

- 1 litro de leite.
- 250gr de azucre.
- 80gr de maizena.
- 8 xemas de ovo.
- 50 gr de manteiga.
- 1 pauciño de canela.
- Fariña.

PREPARACIÓN:

1- Poñer 1/2 litro de leite a cocer xunto coa canela e o azucre.
2- Noutro cazo, botar a maizena co 1/2 litro de leite restante e remexer coidadosamente para que non aparezan grumos.
3- Engadir as xemas de ovo xa batidas. Mesturar todo ben. Este preparado engádese ó leite xa cocido, sen parar de remexer para que non se pegue. Ferver durante 5 min e retirar do lume.
4- Agregar a manteiga e extender a mestura sobre unha superficie previamente engrasada. Deixar enfriar.
5- Cando a crema estea fría, cortar en anacos e rebozar con fariña e ovo.
6- Fritir en aceite moi quente, escorrer sobre o papel absorbente e servir.

Marta López Rodríguez 1º ESO R

A miña planta de laranxa lima

Título: A miña planta de laranxa lima.
Autor: José Mauro de Vasconcelos.
Tradutora: Mª Isabel Cornes Ríos.
Ilustracións: Fernando Alonso Andújar.

     O libro trata dun neno chamado Zezé, de cinco anos e que vive nunha favela de Bangú en Brasil. Ten dous irmáns chamados Luís(pequeno) e Totoca(maior) e dúas irmás chamadas Jandira(maior) e Gloria(pequena).

     Ao descubrir que zezé sabe ler con tan só cinco anos, mándano á escola dicindo que ten seis para poder entrar.

     Como o neno non entende o mundo dos maiores, fala cunha árbore. Pero non cuunha árbore calquera. Fala coa súa árbore de laranxa lima chamada Minguiño, ao que Zezé apoda Cururuxa cando está de boas.

     Minguiño é coma o diario de Zezé. Cóntalle todo o que non pode falar cos adultos. Por exemplo, cando a súa irmá maior, Jandira, lle pegara unha malleira das boas por dicir palabrotas e contestar mal.
    
     Pouco antes disto, o neno coñece ao "Portugués". Unha persoa con moi mala fama pero que en realidade é un anaco de pan.

     "A miña planta de laranxa lima" é un deses libros que lle poden gustar a calquera persoa de calquera idade. A parte que máis me gustou foi cando Zezé coñece ao portugués e este lle pega unha malleira aínda que despois arrepíntese e invítao a tomar algo. Ahí é cando comeza esa fermosa amizade. A que menos... Non a vou dicir porque revelaría o libro. Aprendín o que era unha favela. Unha favela é unha vivenda feita de materiais de desfeitos e de mala calidade que é característica de zonas de Brasil

Marta López Rodríguez 1ºESO r

Amallóns

     Os amallóns son os cordóns dos zapatos.Lémbrome desta palabra porque un día na clase de galego estaba un neno atando os zapatos e a profe Mariló dixo:-Vouche cortar os amallóns!
     Non sei que pensaría outro neno porque estivo toda a clase ríndose.Pensaría unha obscenidade.

Marta López Rodríguez 1ºESO r

Charlie e a fábrica de chocolate

Autor : Roald Dahl 
Ilustrador : Quentin Blake
Editorial : Xerais

Ás aforas dunha gran cidade vivía Charlie coa súa familia composta de seis persoas e moi pobre.

       Un día, despois de estar cerrada durante moito tempo, a fábrica de chocolate Wonka, abriu as súas portas para cinco afortunados que entraron nela porque encontraran un billete dourado cada un escondidos nas chocolatinas Wonka. Todos eles ían acompañados por familiares, Charlie co seu avó Joe, de noventa e seis anos e medio.

        Entraron na fábrica e foron recibidos polo señor Wonka que os guiou por un montón de salas.
        Desapareceron catro rapaces polo seu comportamento incorrecto; todos, menos Charlie, que por ser o último e ter un comportamento adecuado, ademais de levar un suministro ó Sr. Wonka na fábrica e esta será del para que viva a súa familia e el seguirá co traballo do señor Wonka.

        Pareceume unha historia divertida e interesante. Gustáronme as cancións dos Oompa-Loompas porque describían moi ben como eran os nenos; ademais con elas destacaban o comportamento negativos dos nenos: lambón, mimado, mesquino... Non me gustou o comportamento dos nenos excepto o de Charlie porque el facía cousas boas, preocupábase pola súa familia, non lle gustaba que pasaran tanta fame, na fábrica estaba calado, facía caso ao seu avó e portouse ben co señor Wonka .

Brais Barral Pereira 1º ESO R2

Os xentilicios
















Por exemplo, Santiago-Santiagués/Santiaguesa/Santiagueses.
Ribadeo-o/a Ribadense




Este trimestre aprendín o que eran os xentilicios, son adxectivos que din de onde é unha persoa, e tíveno que estudar para o exame, ao principio non sabía o que era, pero agora non o vou esquecer.

Noelia Iglesias Freije 1ºR

¡Vaiche boa!



  • Autor: Paul Jennings

  • Tradución: Dolores Martínez Torres

  • Ilustracións: Kiko da Silva
O primeiro que vos vou dicir é que este libro está cheo de humor.
Ten oito contos moi divertidos, pero tamén conteñen algo de misterio, intriga...
Unha pulseira voadora e unha cola milagrosa que deixa de funcionar ás catro horas. Un esqueleto no retrete. Unha barra de labios máxica. Un esterco que pode atraer todas as moscas do país. Instrumentos que tocan sós. Un xeado de intelixencia. Uns calzóns máxicos e ósos que camiñan pola praia. Vaiche boa!
A mín o libro en xeral gustoume moito, é moi interesante e os contos son moi simpáticos e divertidos.

Unha vez que empezas a ler xa non podes parar.
O conto que máis me gustou foi o de: 'O esqueleto do retrete'. Vai sobre un neno chamado Bob, cuxos pais morreran nun accidente de tráfico e dende aquela vivía no campo, na casa da súa tía Flo.

O retrete desa casa estaba fóra, na eira, e a Bob non lle gustaba ir a el, porque a súa tía dixéralle que alí morrera sentada unha persoa que lle estaba coidando a casa, pero tamén porque cando era pequeno, unha noite que fora ao retrete, ¡Había un ollo mirando para el!, pero a tía Flo non o cría, dicía que iso era unha tontería.
Bob pensaba que era a pantasma do Vello Ned, (a persoa que morrera alí, no retrete), pero para que a súa tía non pensara que estaba tolo, non llo dixo.


Aínda que ao parecer si era o Vello Ned, e non podía ir ao ceo por unha estraña razón.

Se queredes descubrir a razón ides ter que ler o libro, pois eu non vola vou contar.

Espero que a vós tamén vos guste o libro, porque a min encantoume.


Noelia Iglesias Freije. 1ºR

Entroido en Castro Caldelas

Castro  Caldelas é unha vila que está na provincia de Ourense na zona da Ribeira Sacra. Alí no entroido fanse moitas festas.
Unha delas é o xoves de compadres que se celebra dúas semanas antes do entroido. Esta festa consiste en que as nenas fan un moneco de papel que representa un neno, cun bigote, cun sombreiro… Despois saen con eles á rúa a “correr os compadres”  coa intención de rematar queimándoos na cacharela. Os nenos teñen que quitarllelos e rompelos antes de que elas  consigan queimalos. Aínda que de todos os xeitos, despois tíranse os restos na cacharela, na que acaban saltando.
O xoves seguinte, o xoves de comadres, son os nenos os que fan as monecas con lazos, vestidos…e as nenas teñen que impedir que as queimen quitándollelas ós nenos e esnaquizándoas.

En Castro Caldelas tamén hai un peliqueiro. O Irrio que sae o oito de setembro nas festas dos Remedios.

Otto, S

18 feb 2012

O Entroido

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Os cigarróns son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín) ou os peliqueiros (en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, péganlle á xente e levántanlle a saia ás mulleres.

Os correos van pola veciñanza cos xenerais para que canten ou ofrezan un "viva" nalgunha casa a cambio dunha doazón; os xenerais van vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran os uniformes do século XIX.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, por iso hai homes disfrazados de mulleres e mulleres disfrazadas de homes, de curas ou monxas, etc., moitas veces os que non tiñan disfraces vestíanse co que atopaban por diante.

As comidas máis tradicionais do entroido son: as filloas, a cabeza de porco (tamén chamada "cachucha"), os chourizos, lacón con grelos, caldo, orellas ou bica, entre outras.

Clara Gómez, Miguel Ferro, 1ºS

Os carnavais de Bandeira

Os carnavais da Bandeira teñen unha característica que os fai únicos, ao igual que os de Merza, a Ulla, Lamela e Dornelas.

No meu pobo o víspera de carnavais faise unha tradición que se chama a vellada. É unha carroza decorada con mimosas, nela van tres ou catro homes disfrazados de vellos facendo filloas con chourizo e dándolle de beber viño as persoas que están detrás disfrazados tamén de vellos; logo vén unha charanga e fan un percorrido por todo o pobo.

O sábado de entroido é o día máis marabilloso do ano porque se disfrazan todas as persoas, e veñen carrozas de todos os sitios, todas son moi bonitas.

Pero o que nos fai ser unicos é o alto dos xenerais que son persoas voluntarias montadas a cabalo con traxes de xenerais de guerra antigos, é unha homenaxe ás batallas que había entre os pobos.

Primeiro os xenerais fan un desfile con todas as carrozas e nese percorrido dan os vivas, isto consiste en que os xenerais din os apelidos das persoas que os están vendo desfilar para que esa xente dea cartos para recaudar para a organización.

Despois na praza os xenerais discuten dicindo arengas que son estrofas que riman para rirse do xeneral co que combates. Son dous bandos, un de cada pobo, que batallan entre eles, primeiro sae un centinela que non vai a cabalo e ten un fusil e respóndelle o correo, e así sucesivamente. Despois aparecen os xenerais que poden ser dous ou tres. Empezan discutindo os rapaces pequenos e logo os grandes que insultan máis.

Cando acaban a batalla a xente vaise pero aínda non acabou a festa, as persoas van aos bares. E cando chega a noite van ao polideportivo do pobo onde está un dúo que toca toda a noite e a xente baila. E preto das doce da noite entréganse os premios do desfile.

Bran Diéguez, 1ºS


O entroido en Merza


Estes carnavais comezaron a principio do século XX, aínda que se supón que xa existían con anterioridade. Durante o franquismo estiveron prohibidos, e retomáronse a partir da democracia.

Os elementos principais desta celebración son os exércitos. Cada exército está composto por un abandeirado e os seus xenerais. Ademais teñen un correo, que tamén vai a cabalo e portando unha
especie de alforxa chea de cascabeis para facerse anunciar,  este vai avisando polas aldeas e lugares, casa por casa,  da chegada dos xenerais e solicitando que sexan recibidos. Ao ser aceptados chegan os xenerais e lanzan unha serie de vivas, en primeiro lugar ao cabeza de familia da casa, logo ós seus parentes e despois  ós seus amigos invitados, estes á súa vez danlles un donativo.

Os xenerais levan sobre a súa chaqueta unha serie de adornos e na cabeza unha especie de tricornio
adornado con vistosas plumas de pavo real. Levan bandas que lles cruzan o peito, soen usar as cores das bandeiras de Galicia e España.

Cando os exércitos van chegando ó final do percorrido, saen os mouros montados sobre burros, e
dedícanse a provocar ós xenerais, seguíndoos ata o punto da última e gran batalla dialéctica na que
interveñen todos os elementos da festa: primeiro dialogan o Correo e a Sentinela, logo os xenerais, de
dous en dous, acompañado a súa loita de estrofas de entonación musical. Finalmente únense os dous bandos nun acto pacífico.

Para rematar o acto,  o Frade, lanza un sermón que termina condeado a morte ó Entroido,
representado por un boneco colgado dunha árbore ou poste, como culpable de todos os males  acontecidos no pobo. O boneco estoupa polo aire ao prender a mecha do cohete que leva no seu interior,   e comeza o barullo e a alegría!!!


Mariña Rodríguez Gómez 1º S

                                                            

10 feb 2012

Bulebule

 
     
Bulebule é un adxectivo que define a unha persoa que non para quieta e está en continuo
movemento. Aprendino cando a profe llo dixo a Miguel porque non paraba quieto.

Mariña Rodríguez Gómez 1ºS







7 feb 2012

Lía es as zapatillas de deporte

Autora -Maria Reimondez
Ilustración - Juan Sende 
Editorial - Edicions Xerais de Galicia 
 .

A Lía  regaláronlle moitas cousas polos Reis, entre elas unhas zapatillas de deporte que lle gustaban moito. Xa pola noite Lía deitouse, pero non podía durmir e ademais escoitou un ruído que ela pensaba que podía ser un monstro, e eran as zapatillas. Lía, Plis e Plas foron a unha viaxe ata un lugar descoñecido. Plis e Plas levaron a nena a unha fábrica onde facían as zapatillas de deporte que ela tiña, e o peor de todo é que alí traballaban nenos e nenas. Lía sentiuse triste .

Plis e Plas chamaron a Ramesh, un amigo seu que traballaba na fábrica. Ramesh presentoulle a Lía as súas irmás que non podían ir ao colexio porque traballaban na fábrica e non tiñan cartos para poder ir. A nai de Ramesh por fin conseguiu máis cartos e mandou a Ramesh e as suas irmás ao colexio. Ao final Lía seguiu intentando cambiar o mundo do traballo infantil .

Este libro gustoume porque había nel cousas máxicas, sobre todo as zapatillas que falaban, o que non me gustou foi a parte do traballo infantil dos nenos e nenas que sofren moito e, que ademais pasa no mundo real, que non teñen cartos para ir ao colexio.A autora intenta dicirnos que temos que respectar os estudos porque nós podemos telos e hai nenos e nenas que non teñen acceso a eles .

Dimitar, 1ºR

Descrición



É unha rapaza que ten o pelo longo de cor marrón, uns ollos moi bonitos de moitas cores, coma se fosen un arco da vella, encántanme. É máis ou menos alta e bastante fraca.
O seu carácter é moi especial, é divertida, conta uns chistes... É amable e discreta, tanto que lle podes confesar todo que non llo di a ninguén. Non para quieta, e sempre me fai algunha das súas, ás veces enfádome pero sei que non pretende molestarme.
Preocúpase polos demais e non para de insistir ata que llo contas todo.
Teño que admitir que o primeiro día que nos vimos non me caía ben, porque pensaba que era demasiado bromista, pero deime conta de que estaba equivocada. É moi boa persoa e está contigo esteas triste ou contenta.
Teño ganas de ir con ela ao cine porque sei que o vou pasar de medo!

Xa sabedes quen é?

Uxía Moreira Campos, 1ºS