29 ene 2012

A aprendizaxe de Betsy

                             
Autora: Dorothy Canfield Fisher
Tradutora: Tina Parcero
Ilustracións: Isaac Sucas

Este libro trata sobre o cambio de vida dunha nena, mimada pola súa tía, que vai vivir á granxa duns parentes que lle ensinan como é a súa vida na aldea.
Esta novela está moi ben, xa que consegue ter o lector engaiolado cos problemas que lle xorden á protagonista.

Conta a diferenza que hai entre algunhas cousas da vida na aldea e da vida na cidade, un cambio moi brusco para Betsy, unha nena moi mimada pola súa tía. Harriet apiadárase dela, porque era orfa e decidira coidala xa que ao os outros que dixeran que se querían facer cargo dela eran os Putsin, odiados pola tía Harriet.  
          
O fragmento que máis me gustou foi cando para que adoptasen a Lías, o fillo dun borracho que non lle facía caso e estaba moi desatendido, as nenas  cosen a roupa e os nenos bañan a Lías.

Outro punto interesante é cando conta a diferenza entre as escolas da cidade e as escolas das aldeas.

Tamén se valora moito a amizade, e a axuda ao necesitado, como no caso de Lías, e denúncianse os excesivos mimos cara aos nenos, que é o caso da protagonista.

Ramón Daniel Regueiro Espiño. 1ºR

A aprendizaxe de Betsy

Autora: Dorothy Canfield Fisher.
Ilustrador: Isaac Sucasas.
Tradución:Tina Parcelo.

Elizabeth Ann é unha nena orfa de nove anos que vive coa súa tía Harriet, a súa prima Frances e Grace, unha muller con asma.

A enfermidade da tía Harriet faille dar un gran cambio na súa vida xa que Elizabeth terá que ir vivir á granxa de Vermont. Neste lugar, convivindo cos Putney, aprenderá a ser independente e a valerse por si soa.

Este libro é moi interesante e recomendable para todas as persoas da miña idade, sobre todo para aquelas que non saíron nunca do ámbito da cidade, xa que nos ensina que ao principio, por moi difícil que sexa acostumarnos a unha cousa nova, ao final sempre atoparemos algo interesante co que enriqueceremos a nosa cultura e coñecementos. Por exemplo, Betsy sofre moito os primeiros días na granxa de Vermont porque neste lugar déixanlle máis independencia, e pídenlle que actúe por ela mesma, cousa que non facía na cidade, isto será doloroso para ela, pero co paso do tempo aquí chegará a pasar os mellores meses da súa vida.

Axúdanos tamén a comprender que non debemos prexulgar as persoas, xa que Betsy na súa estancia cos Putney descobre que os tres son fantásticos aínda que a súa aparencia fora de seres duros e crueis.
Na granxa Vermont aprende a ter unha vida coma a dos resto dos rapaces da súa idade; así comeza a relacionarse, a convivir, e o máis importante: a perderlle o medo ás experiencias descoñecidas para ela.

Marta Torres 1ºR

A descuberta do carballo americano

Saímos ás 9:00 da mañá do instituto máis espertos que nunca, era a primeira excursión do ano; xunto cos profesores Lois e Martín collemos o autobús cara a Lalín. O percorrido ata alá foi divertido, eu particularmente fun escoitando música, como a maioría, pero tamén se contaban chistes e outras cousas divertidas.
A chegada foi un gran alivio, paramos nunha una finca onde habían varios tipos de árbores, entre elas o carballo americano, unha árbore centenaria, e os chupóns que son uns vultos que saen do troco cando lles dá moito o sol (algo que eu descoñecia).
Fomos ao pazo de Bendoiro, é moi bonito e ten un hórreo espectacular de pedra e de madeira de cor escura. Foi o que máis me gustou.

Logo marchamos a un souto coller castañas, foi divertido ver como a xente se pinchaba cos ourizos; algúns nenos facían grupos que xuntaban as súas castañas para ter máis.

Hai unha anécdota que vos quero contar, houbo guerra de landras, non eran pequenas precisamente, así que doía moito cando che daban.
Ao final tódalas castañas que collemos utilizámolas no magosto.
Mmmmm que ricas!!!!     
       
Brais Rodríguez 1ºS

22 ene 2012

Rap

Comezamos a semana a ritmo de rap, o da rapeira galega Aíd, realizado para unha campaña publicitaria da RTVG.
Quen se anima a subtitulalo?
Apréndeo, aténdeo
ascéndeo, deféndeo
enténdeo, esténdeo...


11 ene 2012

Contestación a Marta

Monforte, 30/9/2011



Querida Marta Eugenia:
Estou na casa dos meus avós. Paréceme unha idea estupenda quedar contigo. Cando volva a Santiago chámote.
Sigo debuxando igual, si. Teño un debuxo para ti. Espero que che guste pois esforceime moito.
O venres si que podo. Pero ao mellor non vou, porque temos moitos deberes e euxa sabes que son moi lenta facéndoos

Biquiños:
Estrella
P.D: Este é o teu debuxo:

Carta a Estrella

Santiago, 29/9/2011

Ola Estrella!
Hai moito que non te vexo. Que che parece se quedamos algún día? Estaría ben, verdade? Volver a vernos, ensinarnos os nosos debuxos novos… Si! Encantaríame.
Moito me gustaba como debuxabas. Séguelo facendo igual? Oxalá. Eu intentei mellorar as miñas técnicas.
Sobre o de quedar, que che parecería o venres? Ás cinco e media (17:30) no parque de detrás do “Corte Inglés”. Estou moi emocionada e desexando que poidas vir xa que hai moito tempo que non nos vemos.
Se non che deixan vir, pois outro día será. Agardo a túa resposta:


Marta Eugenia López Rodríguez