20 dic 2011

Fun Fun Fun

Pola proximidade das festas queremos subtitular esta panxoliña para que a aprendades no Nadal e deades moita lata cantandoa todos os días. Desfrutadéa! Marta e Estrella 1ºR2

O Nadal!

O champán e o turrón non van nada mal,tedes excusa para tomalos nestas festas de Nadal!!! Non empachedes ou maliños vos poredes. Non vos emborrachedes! Ou bronca levaredes. Boas festaaaaas!!!

Marta Eugenia 1ºESO R

18 dic 2011

Bo Nadal!

Puxéstesme difícil escoller a panxoliña pois xa as tiñades vós todas collidas. Esta é do grupo Berrogüetto e titúlase Nadal de Luíntra. A ver se vos gusta.
Pasádeo moi ben no Nadal e collede folgos para o próximo ano que temos moitas cousas interesantes por facer. Boas festas!

Aí vai:

14 dic 2011

Iota

Aprendín a palabra iota cando estabamos dando o alfabeto galego na clase de lingua, que é o nome dunha letra.






Mariña Rodríguez Gómez 1ºS

Albanel

 

Persoa que traballa na construción.

 Encóntrase na lectura no segundo tema que por certo me gustou moito.Recoméndovola.
Yaritza Amparo Bello.1º eso S.


13 dic 2011

CUNEIFORME


Eu aprendín cuneiforme, que significa escrito na pedra. Foi un día de outubro ou novembro, na clase de lingua galega. E eu acórdome dela porque despois saíu en "Queres ser o mellor?" e xa sabía o significado

Ramón Daniel Regueiro Espiño. 1R2

Último/ derradeiro

A miña palabra é último/derradeiro. Aprendín esta palabra cando Mariló dixo que Adrián fora o derradeiro en escribir algo no encerado e que a apuntaramos.
Eu agora úsoa regularmente pois á miña nai lle recordo que non diga "ultimísima vez" e diga "a derradeira vez"
Xosé Manuel Portos Ferro 1º R2

voda


Non sabía que se escribía con v en galego .
Aprendina na última clase porque saiu nun exercicio e chamoume moito a atención .

Dimitar

Acenar


Acenar é levantar o dedo e sinalar, como o que normalmente fan os políticos ao falar. Tamén pode ser un xesto, como chiscar un ollo.

Estrella 1ºR2

Armiño

O armiño é unha especie de roedor. Noutras palabras: un furón. Sóubena porque apareceu nunha lectura que é un fragmento dun conto chamado "O armiño dorme". Non se debe confundir cun armadillo.

Armiño:

acordar




Vin esa palabra cando estabamos lendo un texto e non sabia o que queria dicir dixenllo á profe e contestoume que significa espertar.
Bran. 1ºS

12 dic 2011

Marcial


Marcial: É algo propio dun militar ou pertencente á guerra, aprendémolo ao principio do curso, no primeiro tema.
Esta palabra non a sabia por iso me veu moi ben facer ese exercicio na clase.

Clara Gómez Campos. 1ºS



Derradeiro

Hai un mes aprendín o significado de derradeiro, que é o ultimo e non hai máis ca ese. Apredémolo na clase de galego,cando a profe nos advertiu que era o derradeiro día que nos avisaba. Lembrome desta palabra porque me pareceu moi interesante.
Uxía Moreira Campos 1ºS




11 dic 2011

Vagalume




Aprendín vagalume, recordeina porque na clase dixéramos lucecú e a profe díxonos unha palabra nova para nós.



O vagalume é un insecto que, pola noite, brilla, e moitos xuntos parecen miles de luces flotando na escuridade.



Noelia Iglesias Freije

10 dic 2011

souto



Aprendin a palabra ' souto ' cando Lois, o profesor de Plástica, nos dixo que a nosa seguinte parada da excursión a Lalín era un souto.



O seu significado é : ' un conxunto de castiñeiros '

Brais 1ºr2





9 dic 2011

O armiño



Este ano aprendín o significado de armiño que é un animal roedor similar ao furón. Ensinoumo a profesora de Galego cando estábamos lendo o texto " o armiño dorme ". Consigo lembrarme porque fixemos moitos exercicios sobre este fermoso animal.

Marta Torres 1ºR

3 dic 2011

Campos semánticos, e algo máis

Primeiro mira atentamente esta presentación:


Agora imos facer un par de actividades:

A primeira moi doada:
.Localiza no vídeo catro campos semánticos e engádelles cinco palabras máis que ti saibas.

A segunda son dúas preguntas, faciliñas tamén...:
. Para que cres ti que serve o galego?
. Pensa en tres cousas da túa vida cotiá que non poidas facer en galego.

Deixa as respostas nos comentarios do blog para discutírmolas despois na clase.

1 dic 2011

Charlie e o Grande Ascensor de Cristal



Autor:Roald Dahl


Tradutores:Xosé Manuel Dasilva e Xosé Manuel Cuervo




Ilustrador:Michael Foreman




Este libro é a continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate".


Cando comeza a novela Charlie está sobrevoando a súa cidade e os continentes. Máis tarde, chegaron ao "Hotel Espacial U.S.A." e alí foron uns monstros chamados "Knidos Vermiciosos". A familia de Charlie mais el escapaban dos Knidos Vermiciosos, que os tiñan pegados na espalda, tiveron a sorte de chegar a atmosfera terrestre, e, de paso, á fábrica de chocolate.




O dono lexítimo da fábrica, Willy Wonka, que tamén acompañaba á familia de Charlie no ascensor, preséntalles o "Vita Wonka", unhas pastillas que quitaban vinte anos. A avoa Georgina tomou catro pastillas que lle quitaron oitenta anos, e durante un momento tivo menos dous anos. Logo Wonka presentou o Wonka-Vita que daba máis anos a quen llo aplicaba. O que pasaba, é que non sabía que cada porción sumaba 100 anos, entón, ao final tivo 299 anos. Wonka volveu darlle o Vita-Wonka ata que tivera a súa idade  normal: 78 anos. Ao final de todo, viñeron os da Casa Branca de EE.UU para darlles as grazas.






Opinión: Eu digo que este libro é moi gracioso, sobre todo cando estaban no espazo exterior.
Vos digo directamente da man que deste libro encontraredes partes graciosas, e que se ledes este libro, non vos cansaredes de lelo unha vez, outra, outra e outra 




José Manuel Portos Ferro. 1ºR2